III Encontro da Rede Galega de Sementes

Sábado 8 de outubro, a partires das 10:30h na Alameda de REDONDELA (se chove, será no Recinto da Feira do Gando de Redondela )

PROGRAMA

10.30h Apertura da xornada, mesas de troco e feira

12.00h Charla

14.00h Xantar popular

16.00h Mesa de Sabias

17.30h Obradoiro de cervexa

18.30h Obradoiro de extracción de sementes

20.30h Actuación musical: “Os Tremendos Permacultores do Norte»

Ao longo de todo o día haberá unha exposición con variedades antigas e locais cultivadas na Galiza e unha mesa para o troco de sementes, así que trae as sementes das túas avoas e participa no troco.

Haberá unha feira de produtores e artesáns, e postos de colectivos. Tamén haberá obradoiros e actividades para nenos

Máis info: http://redegalegadesementes.wordpress.com

Publicado en Actividades | Etiquetado , , | 48 Comentarios

Benvid@s á web d’A Gradicela

 


Esta é a nova web do grupo de consumo responsable de Pontevedra A Gradicela.  A partir de agora podedes atopar a axenda das nosas actividades, información relacionada co consumo ecolóxico e xusto, receitas e outras referencias das que iremos dando conta.

Esperamos que vos guste ! Benvid@s

Publicado en Novas | Etiquetado , | 29 Comentarios